No mes de febreiro participamos no concurso para o deseño do cartel da campaña do 8 de marzo 2021 convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No seguinte vídeo amenizado polas cancións de "Non son Fada nin princesa" de Sés e a de "Son muller" do grupo de Teo MBCP, poderedes acceder ao vídeo que recolle todas as propostas do noso alumnado.
Ademais deste concurso no CEIP Plurilingüe A Cristina tamén quixemos
conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro
"A VOLTA AO MUNDO CON NUNO"
Por iso ao longo destas semanas, nas distintas aulas do noso centro,
levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres dos país
que estamos a coñecerdurante este curso.Unha das conclusións ás que
chegamos e que aínda queda moito por andar para que o seu traballo
sexa difundido e se lle dea visibilidade en todos os ámbitos da nosa
sociedade: comunicativo, social, educativo...
Hoxe queremos compartir con vós nun vídeo un anaco do noso traballo
e do traballo destas grandes mulleres no ámbito internacional.
Pinchade no seguinte enlace: MULLERES DO MUNDO
Moi bo traballo!!!!
ResponderEliminar