Foi un curso moi intenso;
- Nuno tivo que repartir os libros polas aulas e adaptar o sistema de préstamos.
- A biblioteca abriuse a través dos vosos vídeos e fotos.
- Os encontros con autoras foron por videoconferencias.
- Os libros tamén fixeron corentenas...
Pero a pesar de todo seguimos disfrutando da lectura e creouse CRISTINUNA, a radio que para o curso que vén xa funcionará ao 100%. Tamén seguimos contando con colaboradores da biblio, que se multiplicaron este curso, pois en todas as clases contamos con axudantes! A mochila viaxeira viaxou máis que nunca, pois demos a volta ao mundo, iso si, en máis de 80 días! Viaxamos con Isabel Zendal e coñecemos un pouco mellor "Memorias dun neno labrego". En resumo: un curso diferente, pero un curso marabilloso.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR AXUDAR A FACELO POSIBLE!
Aquí está o alumnado deixando todo preparado para o curso 2021/2022!
Foi duro,pero o conseguimos !!!💪💪
ResponderEliminarFeliz verán!!!