domingo, 29 de marzo de 2020

Receitas saborosas: Pastas de M&M´s

Para rematar esta semana cun puntiño moi doce, Mateo, Rodrigo e familia comparten con nós a receita de Pastas M&M´s (aínda que nos indican que tamén poden ser de lacasitos ou similar).


Receita: Ingredientes e pasos a seguir.


1º Preparamos útiles, ingredientes e man de obra


 2º Mesturamos azucre, mantequilla e ovos. Logo resto de ingredientes para facer unha mestura uniforme.



3º Facer boliñas, aplastalas ( incrustar os M&M´s)  e meter no forno 15 min.



4º Retirar e deixar enfríar



5º Repartir a todos os membros da familia e degustar!





Moitas grazas familia! Unha boa merenda para facer mañá!

sábado, 28 de marzo de 2020

Hoxe....Cambio de hora.

Esta noite, na madrugada de sábado a domingo, deberemos cambiar o noso reloxo ao horario de verán para aproveitar máis horas de luz natural.

Por iso, Mateo, de 6º de infantil, construíu un reloxo en forma de flor para lembrarnos a todos e todas que debemos cambiar os nosos esta madrugada.

 "Cando as agullas do reloxo marquen as 2 da madrugada, debemos avanzalas ata as 3."


Materiais para elaborar o reloxo:

 Creamos a coroa onde escribiremos as horas do día


Creamos o talo da nosa flor



Debuxamos e recortamos as follas



Escribimos os minutos de 5 en 5  nos pétalos


Ordenamos os pétalos para comezar a pegalos arredor da coroa


 Pegamos o talo e a coroa....

E listo! Un fantástico reloxo analóxico


 Moitas grazas familia!!!!

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Hoxe Andrea de 4º de primaria quere compartir con nós a seguinte lectura "PitufoAtletas!!! para que pasemos unha fin de semana do máis entretida.



Moitas grazas pola túa narración Andrea!!!!

Encantóunos!!!!

Unha comunicación especial

Durante este tempo de confinamento nos nosos fogares, todos buscamos unha forma de estar en contacto c@s nos@s amig@s e familiares, a través de redes sociais, videochamadas, telefónicamente... pero hai outras persoas que aínda van máis aló.

Este é o caso de Lucía e Claudia , de 1º de primaria, que atoparon a forma de seguir en contacto en persoa sen que a distancia sexa un impedimento; só precisan dos seus pulmóns a pleno rendemento!!!.

Tan ben lles resultou a fórmula que ata pasan parte do día repasando o aprendido co seu profe Jose. 😄😄😉


Mirade, mirade:




E vós, como seguides en contacto cos vosos seres queridos? 

venres, 27 de marzo de 2020

Eu leo na casa/ Mensaxes especiais

Hoxe Aroa de 2º de primaria, e Mateo de 4º de infantil, quixeron mandar unha mensaxe cargada de enerxía positiva a todos os compañeiros e compañeiras así como a todos os profes.





Todo vai sair ben!!!

Tamén queren que saibades que vos botan moito de menos e que teñen moitas ganas de veros a todos e todas e darvos miles de apertas, pero mentres tanto... queren ensinarvos un conto que lles gustou moito e que vos pode axudar a entender o que está ocorrendo.



Moitas grazas por compartilo!

Os profes tamén se unen a súa mensaxe:

Botámosvos de menos.... e mandámosvos unha morea xigante de bicos virtuais e moito ánimo,


Día mundial do teatro

Mateo de 6º de infantil e a súa familia fixeron a súa investigación pola celebración do Día Mundial do teatro e queren compartir con nós o que aprenderon e a súa propia construcción.


O  teatro (palabra que procede do grego theatron que significa 'lugar para contemplar') fai rír, chorar... move as nosas emocións dende o ano 1961, día no que se instauró esta data como Día Mundial do Teatro.

Mateo e a súa familia puxéronse máns á obra e elaboraron o seu propio teatro co que poderán divertise e dar renda solta a súa imaxinación.

Aquí  tendes algunhas imaxes do paso a paso e do magnífico resultado:





Qué fabuloso teatro!!!! 

Agardamos que o levedes ao cole para compartilo con nós en canto volvamos ás clases! 

Parabéns a toda a familia polo voso traballo e moitas grazas por enviarnos as imaxes!

Día Mundial do Teatro

Hoxe, 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro.

Xa que a actividade programada polo día do teatro que ían facer os alumnos de 5º e 6º de primaria non se puido levar a cabo, queremos compartir con vós algúns contos realizados con teatro de sombras que atopamos.










Tamén compartimos dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia os seguintes enlaces aportados dende distintos teatros e compañías de teatro. Premede neles!

Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións

Tanxarina Títeres: A Galiña Azul

Biblioteca Virtual de Galicia: Videoteca de Teatro



Ademais no seguinte vídeo podedes atopar un titorial que explica como facer o voso teatro de sombras. Atrevédesvos????




Así como outros para facer títeres sinxelos con materiais que podedes atopar na casa, mirade:






Podedes compartir os vosos resultados!!!.