venres, 27 de marzo de 2020

Día mundial do teatro

Mateo de 6º de infantil e a súa familia fixeron a súa investigación pola celebración do Día Mundial do teatro e queren compartir con nós o que aprenderon e a súa propia construcción.


O  teatro (palabra que procede do grego theatron que significa 'lugar para contemplar') fai rír, chorar... move as nosas emocións dende o ano 1961, día no que se instauró esta data como Día Mundial do Teatro.

Mateo e a súa familia puxéronse máns á obra e elaboraron o seu propio teatro co que poderán divertise e dar renda solta a súa imaxinación.

Aquí  tendes algunhas imaxes do paso a paso e do magnífico resultado:





Qué fabuloso teatro!!!! 

Agardamos que o levedes ao cole para compartilo con nós en canto volvamos ás clases! 

Parabéns a toda a familia polo voso traballo e moitas grazas por enviarnos as imaxes!

2 comentarios: