xoves, 23 de abril de 2020

Especial Día do libro.... Tomas falsas!

Por se hai alguén que pensa que o traballo de booktubers e contacontos é sinxelo....

compartimos con vós uns vídeos de tomas falsas de Jimena, de 3 anos e a súa familia, e de Pablo de 3º de primaria, que penso que ademais de sacarvos un bo sorriso... moitos de vós ídesvos ver completamente reflexados.

Adiante Booktubers Jimena e Patri!




Adiante Booktuber Pablo!


mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro/ Día da Terra


Todos sabemos que os libros son capaces de transmitirnos moitos sentimentos, transportarnos a outros lugares ou épocas, levarnos a imaxinar e soñar... e, algúns, deixan unha pegada profunda en nós.

Xa temos fermosas lecturas de moitos dos nosos alumnos e alumnas que publicaremos mañán, o mesmo día da conmemoración.
Pero hoxe queremos ensinarvos dúas pequenas mostras.

 Moitos dos alumnos e alumnas de 2º de primaria, crearon con moito agarimo e ilusión, unha fermosa lectura compartida que queren compartir con todos os compañeiros, compañeiras e mestres do cole para mandarnos moito ánimo, forza e cariño!

Moitas grazas chicos, chicas e familias.



Ademáis, non só as lembranzas de persoas amigas e familiares nos chegan ao corazón, tamén o fan os lugares que teñen un significado especial para nós. 
Tal e como nos amosa Mateo de 6º infantil, conmemorando así o Día da Terra, a nosa vila, Carballo, é un deses sitios moi especiais.


Moitas grazas Mateo!





Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

Eu quedo na casa/ Día de San Xurxo (Día de Sant Jordi)

Xa falta pouquiño para conmemorar o Día do libro, mañán é o noso día..

Pero...non en todas as partes do noso país celébrase da mesma forma. 

Por exemplo o Día de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril xunto co Día do Libro e a Feira das Rosas, símbolos da cultura e do amor, e é tamén unha xornada que reivindica a cultura catalá. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella  á amada xunto con un libro. 

Por isto, Mateo de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, fixeron unha fermosa manualidade para explicarnos a todos e todas en que consiste esta celebración.

Moitísimas grazas familia!!!

Queremos aproveitar a ocasión para felicitar a todos os Xurxo e Jorge do noso cole. Agardamos que pasedes unha moi feliz xornada.


martes, 21 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Ademais dos vídeos dos libros que nos estades enviando (MOITÍSIMAS GRAZAS), seguennos chegando traballos doutros alumnos e alumnas que realizan ao longo das semanas.

Hoxe queremos compartir con vós os traballos elaborados por Iago, da aula de 3 anos, que todos os días realiza as tarefas que lle manda a súa profe, así como unha mensaxe de ánimo que quere enviar aos amigos, profes e familias. 

Xenial Iago!!



Qué verme tan encantador!

TES TODA A RAZÓN!


Mateo, de 6º de infantil, segue aprendendo. Nesta ocasión ensínanos como aprende as formas xeométricas e realiza con elas distintos animais, como se de un Tangram se tratara!











Encántanos Mateo!


Moitas grazas a ambos por compartilo con nós!

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Bos días de novo a todas e todos!

Hoxe queremos compartir con vós outros dos traballos xeniais dalgúns dos vosos compañeiros, que están traballando arreo cada semana e cuns resultados fantásticos!!!

Román de 3º de primaria andivo moi ocupado elaborando esta maxestuosa maqueta, sen deixar de intentar dar ánimo a todo o vecindario e, como non, tamén a vós.




Encántanos a túa iniciativa Román!!!! 
Parabéns polo teu traballo!

Tamén gustaríanos compartir o traballo de Hugo Martínez, de 4º de infantil, que todos os días fai os traballiños que lle manda a súa profe.

Un verme coa seriación de dúas cores.


E para conmemorar o Día do libro..... 
un precioso debuxo dun dos seus contos preferidos!



Xenial Hugo! Fixéstelo fenomenal!!!


Moitísimas grazas aos dous por compartilo con nós!

Eu quedo na casa/Eu leo na casa

Bo día a todos e a todas:

Xa falta pouquiño para celebrar o día do libro, asi que hoxe traémosvos outras propostas literarias que poderían ser do voso gusto.







luns, 20 de abril de 2020

Eu quedo na casa / Iniciativas xeniais

Bo día a todos e todas:

Xa queda un pouco menos para que poidades saír dar unha volta pola vosa rúa. Parabéns por facelo tan tan ben todos estes días.

Os profes do voso cole quixeron mandarvos unha mensaxe moi especial, xa que vos botan moitísimo de menos e síntense moi orgullosos do ben que o estades facendo.

Todos e todas eles queren dicirvos que, aínda na distancia, seguen ao voso carón mandándovos enerxía positiva e que XUNTOS pasaremos por esta experiencia.




Pero non só os profes e mascotas do cole queremos felicitarvos, senón que dende o Corpo Nacional de Policia, neste caso chegado desde Denia (Alicante), queren mandarvos unha mensaxe de felicitación por ser os heroes e heroínas deste confinamento.

Quixéronvos facer chegar o seguinte diploma que podedes imprimir.