Xa falta pouquiño para conmemorar o Día do libro, mañán é o noso día..
Pero...non en todas as partes do noso país celébrase da mesma forma.
Por exemplo o Día de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril xunto co Día do Libro e a Feira das Rosas, símbolos da cultura e do amor, e é tamén unha xornada que reivindica a cultura catalá. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella á amada xunto con un libro.
Por isto, Mateo de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, fixeron unha fermosa manualidade para explicarnos a todos e todas en que consiste esta celebración.
Moitísimas grazas familia!!!
Queremos aproveitar a ocasión para felicitar a todos os Xurxo e Jorge do noso cole. Agardamos que pasedes unha moi feliz xornada.
Queremos aproveitar a ocasión para felicitar a todos os Xurxo e Jorge do noso cole. Agardamos que pasedes unha moi feliz xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario