Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

Visita de Natalia Raña Fuentes

Hoxe todo o alumnado de educación primaria tivo o pracer de recibir a visita dunha das grandes deportistas galegas que investigamos polo Día internacional da Muller, Natalia Raña.

 Acudiu ao noso centro para animarnos, a través do seu exemplo, a cumplir os nosos soños, independentemente do noso sexo, idade ou raza.

 Contounos a súa longa andaina dentro do mundo do deporte, as distintas modalidades nas que participou ao longo da súa vida, os seus éxitos e vivencias, a roupa e materiais que emprega, o que tivo que esforzarse cada día para lograr os seus obxectivos... Pero o que nos remarcou en distintas ocasións foi que o máis importante é que debemos divertirnos mentres practicamos e participamos en actividades deportivas, dado que hai que mirar o momento e non o resultado.

 Moitas grazas pola túa visita, polos teus consellos e por todo o que nos ensinaches hoxe.


 Mostrámosvos a continuación unha pequena mostra da súa visita.




martes, 3 de marzo de 2020

Outro contacontos moi especial

Onte tres alumnas de 2º de EP visitaron a aula do alumnado de 3 anos para contarlle un conto sobre o personaxe máis querido nesa aula, Elmer.

Carmen, Aroa e Natalia fixeron a mellor das súas narracións para ensinarnos o divertido que é Elmer e como se disfraza cada carnaval.

Moitas grazas chicas, encántanos que nos fagades estas visitas!!!


sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido na Cristina!

Onte celebramos a festa de entroido  relacionado este curso co noso Proxecto de Centro "Os Xogos Olímpicos" pero sen esquecernos da nosa riqueza cultural galega que este curso foi dedicada a uns personaxes moi característicos cos que decoramos o noso centro, os Peliqueiros.


Todas as clases do colexio elixiron o seu deporte preferido a representar e ao longo de toda a semana grazas ás ordes do Meco fomos moi ben preparados!!!!

Grandes e pequenos desfrutamos ao máximo da festa e do desfile, e tan ocupados estabamos pasándoo ben que apenas lembramos sacarnos fotografías para a lembranza!!!!

Por iso, a continuación podedes ver algunhas das imaxes de onte, onde non estamos todos os que somos pero as poucas que temos demostran o éxito do acontecido! 

Agardamos que todas as familias o pasaran tan xenial coma nós!!! Grazas por participar e animarnos tanto!


Vémonos o vindeiro xoves, mentres....a seguir desfrutando do entroido!!!!

luns, 17 de febreiro de 2020

Visitamos Canosa Onda

Polo Día da Radio tres representantes do CEIP A Cristina visitamos as instalacións de radio do CEIP Canosa-Rus. Alí coñecemos o funcionamento da radio escolar, o seu proxecto e a súa biblioteca. 

Fomos convidados para facernos unha entrevista e compartir con eles o noso traballo sobre o humor e os deportes e que hoxe queremos compartir con vós.

Agardamos que o desfrutedes.





sábado, 15 de febreiro de 2020

Contacontos polo Día do Amor e da amizade

Hoxe na biblioteca, as alumnas e alumnos de infantil recibimos a visita de Natalia, a nai de Marcos, que veu contarnos unha fermosa historia de amor, "Unha parella diferente", na que un crocodilo e unha xirafa namorados tiveron que padecer as miradas, burlas e comentarios dos seus veciños e achegados.






E rematamos a sesión  cantando todos xuntos unha preciosa e sabia canción de Maria Fumaça "Eu teño alguén".





 Encantounos!! Agardamos que volvas repetir moi pronto. 
Moitísimas grazas!!!!



Lembrade que aínda tedes a vosa disposición outras fermosas lecturas no expositor da biblioteca que chegarán ao máis profundo do voso corazón.


sábado, 8 de febreiro de 2020

Cogami: talleres a prol da igualdade

Esta semana, no CEIP Plurilingüe A Cristina desfrutamos coa visita de dúas traballadoras da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) .

Durante toda a semana pasaron polas distintas aulas do centro realizando contacontos , actividades sensoriais e outras dinámicas de sensibilización con material adaptado a través das cales puidemos poñernos na pel de persoas con discapacidade.

Moitas grazas pola vosa visita e por deixarnos ben claro que  a diversidade que existe na nosa sociedade é riqueza, que todas as persoas somos diferentes e todas temos capacidades.

Compartimos con vós algunhas imaxes das distintas xornadas.


mércores, 29 de xaneiro de 2020

Lecturas compartidas pola Paz

Seguimos con outra actividade realizada hoxe  polo Día da Paz que seguiremos celebrando mañá a nivel de centro.

Nesta ocasión contamos coa colaboración do alumnado de 4º de educación primaria e da súa titora que levaron a cabo lecturas compartidas nas distintas aulas do centro despois de varias semanas de duro traballo para facer a mellor das súas narracións.

Todas as alumnas e alumnos das distintas aulas desfrutaron da hora de ler grazas a súa magnífica interpretación.

Compartimos algúns momentos de hoxe:

Lía e Sabela na aula de 3 anos.






Mateo M, Mateo G. e Miguel na aula de 4 anos:





Iker, Ana e Diego na aula de 5 anos:





Lucía e Carla en 1º de Ed Primaria:





Leo, Zoe e Aroa en 2º de Ed. Primaria:





Celia, Isei e Efrén en 3º de Ed. Primaria:





Tirso, Ricardo, Daniel e Manuel S. en 5º de Ed. Primaria:





E finalmente, Rodrigo, Noa , Mario, Manuel, Andrea e Samuel na aula de 6º de Ed. Primaria:





Moitas grazas pola vosa participación, traballo, esforzo e ilusión!!!


Feliz Día da Paz a tod@s!


martes, 28 de xaneiro de 2020

La niña huracán y el niño esponja.

Hoxe, na aula de tres anos, recibimos a visita doutra gran lectora de 2º de Primaria, Alba, que veu facernos a mañá máis agradable a través da súa doce lectura do libro "La niña huracán y el niño esponja".

Os máis pequenos do cole quedaron con ganas de máis libros e contos entretidos coma ese.

Moitas grazas Alba, agardamos que volvas visitarnos moi pronto!!!!

Compartimos con vós un pequeno fragmento da súa lectura e algunhas imaxes.









sábado, 25 de xaneiro de 2020

Guapa!!!!

Hoxe as nenas e nenos da aula de 5 anos contaron cunha visita moi especial. 

Natalia, de 2º de Primaria, foi contarlles un conto que todos e todas deberíamos ler cada día para poder querernos tal como somos, coa nosa propia esencia e individualidade e sen importarnos o que pensen os demáis sobre a nosa apariencia física. 

 Penso que sobran as palabras...Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós nos vosos fogares. 

Aquí vos deixamos a lectura compartida:




Moitísimas grazas Natalia pola túa visita tan enriquecedora. 
Todos e todas quedamos encantad@s!!!!





domingo, 22 de decembro de 2019

Visita dos Reis Magos

Como non podía ser doutra forma, no CEIP Plurilingüe A Cristina rematamos o último día de cole deste ano 2019 coa visita dos Reis que viñeron felicitarnos as festas e a escoitar todos os nosos bos desexos para o ano que ven.

Foi un día cheo de ilusión, alegría, emoción e algarabía para todos os que conformamos o cole de A Cristina como podedes ver nos seguintes vídeos:



Visita dos Reis en infantil




 Visita dos reis en primaria




Canción dos alumnos de 5 anos as súas Maxestades.


Desfrutade moito das festas e aproveitade estes días para recargar as pilas e voltar cargados de forzas e ganas de aprender.

Vémonos o vindeiro 8 de xaneiro.


O claustro do CEIP P. A Cristina deséxavos

Felices festas a tod@s!

xoves, 19 de decembro de 2019

Xoves de nadal

Hoxe foi o derradeiro contacontos de nadal para o alumnado de 1º ciclo de primaria da man da nai de Valentina, Carmela, que volveu para contarlles ao alumnado o conto titulado "Derradeira carta aos reis magos" dado que mañá será o día no que veñan visitar a todos os alumnos e alumnas do centro.


Moitísimas grazas pola visita e polos estupendos momentos que pasamos contigo de novo.


Durante o recreo volvimos a desfrutar das panxoliñas na biblio. Debido ao limitado tempo e a grande demanda por parte de moitos alumnas e alumnos, máis adiante volveremos repetir esta actividade musical noutros eventos ou conmemoracións. 
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa ilusión, alegría e participación. 



Despois do recreo finalizamos o festival de panxoliñas cos cursos de 5º e 6º de educación primaria que podedes visualizar a continuación. 
Fenomenal chic@s e profe Nerea!



E para finalizar a xornada, este curso o noso centro, tendo en conta o proxecto do centro e as datas nas que nos atopamos, decidiu levar a cabo unha actividade característica do Nadal, a carreira polo San Silvestre que podedes visualizar no vídeo que atoparedes ao final da entrada, pero no noso caso un San Silvestre solidario .

Durante toda a semana as familias do noso alumnado aportaron o seu grao de arena para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.  
A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. 

Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.


San Silvestre



Moitas grazas a tod@s e lembrade que mañá recibiremos as súas Maxestades os Reis de Oriente. 

mércores, 18 de decembro de 2019

Mércores de Nadal

Hoxe foi o turno do primeiro ciclo de primaria que contaron coa visita de Patricia e Mari Carmen, nai de Luna e Sofía. 
Puideron disfrutar de dous contos característicos da época, " Conto de nadal" e "O nadal de Ernesto e Celestina" e foron agasalladas polo alumnado interpretando en directo a panxoliña "Polo Nadal".


Moitísimas grazas pola vosa visita. Agardamos que repitades pronto!


Tamén desfrutamos hoxe do festival de panxoliñas onde lles tocou a quenda ás aulas de 3º e 4º de primaria. Agardamos que vos gusten tanto como a nós.

Aula 3º EP



Aula 4º EP





Esta xornada, debido á alerta polo temporal, non puidemos seguir desfrutando do Karaoke na biblio. Agardamos poder recuperar mañá o tempo perdido.

martes, 17 de decembro de 2019

Martes de Nadal

Hoxe continuamos esta especial semana con outro contacontos para o alumnado de infantil da man de Mari Carmen, a nai de Marta, que veu a contarnos un conto de nadal do elefante máis querido polos nosos nenos e nenas de infantil, " La navidad de Elmer".



Moitas grazas pola túa visita. Quedamos encantados!

No recreo, continuamos co karaoke de panxoliñas na biblio, onde grandes e pequenos entonaron á perfección os que serán os xites nos seus fogares este nadal.

Aquí podedes escoitar e ver outra pequena mostra:






E finalmente, continuamos co festival de panxoliñas no que desfrutamos moito coa actuación dos alumnos e alumnas do primeiro ciclo de primaria.





Que ben o fixestes!!! Noraboa!

luns, 16 de decembro de 2019

Primeiras actividades polo Nadal 2019

Hoxe comezamos con moita forza, ganas e ilusión a semana de (pre) Nadal no cole.

A primeira hora o alumnado de infantil contou coa visita de Carmela, a nai de Lorenzo, que veu contarnos un dato moi importante a ter en conta durante a noite de reis a través do conto titulado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis".


Moitas grazas pola túa visita e polos teus consellos para esa noite tan máxica!!!! Volve pronto!



Ademáis, durante o recreo, moitos alumnos e alumnas acudiron á biblioteca para interpretar a súa panxoliña favorita.

Aínda quedan moitos nenos e nenas na lista de agarda polo que mañá seguiremos con elas. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

A continuación podedes visualizar un pequeno mix dalgúns dos participantes no karaoke desta xornada.







E despois do recreo comenzamos co festival de panxoliñas preparados coa profesora de música Nerea.

Hoxe tocoulle o turno ás distintas aulas de infantil.

Nos seguintes vídeos podedes visualizalas.

Moi ben feito chic@s!!!!







Como poderedes ver e escoitar...non nos presentamos para ningún programa de artistas porque bateríamos récords de audiencia.😄

Mañá continuaremos con moitas outras actuacións!

sábado, 14 de decembro de 2019

Preparando as festas de Nadal


Comeza a conta atrás....

A vindeira semana comezaremos a quentar motores para pasar nos nosos fogares unhas festas moi felices e divertidas.

Co cole xa decorado, as lecturas de nadal lidas, as nais contacontos practicando as súas actuacións e os alumnos e alumnas de A Cristina entoando á perfección as panxoliñas...temos todos os ingredientes necesarios para pasar unhas xornadas moi especiais.

Lembrade: todos os días durante os recreos de luns a xoves teredes á vosa disposición o karaoke de panxoliñas. 



Se aínda non estades anotados acudide o luns a facelo!

Podedes seguir practicando as panxoliñas elixidas no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLAS06pWeFibNUc1ImZXOF6Lg9M3_3r7YT











A pasalo xenial!!!!

mércores, 11 de decembro de 2019

Recíclate con Sogama

Hoxe tocoulle a quenda a 4º, 5º e 6º de educación primaria, os nosos maiores do cole, que un curso máis participaron no programa de educación ambiental chamado "Recíclate con Sogama" na biblioteca do centro.

Este programa, tan necesario nos tempos que vivimos para salvar o noso planeta,  ten como obxectivo promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante un consumo responsable, unha produción reducida de residuos e o fomento da reutilización e o reciclaxe.




Cabe lembrar que este curso o centro conta cun pequeno horto escolar polo que nos recreos debemos levar os restos orgánicos das nosas merendas ás papeleiras correspondentes que atoparedes nos patios, xa que logo son levados ao composteiro.


Desta forma podemos tratar a materia orgánica xerada e obter un fertilizante de alta calidade para empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe de residuos orgánicos.



Compartimos con vós algunhas das fotografías realizadas durante a visita de Sogama. 










Moitas grazas por ensinarnos a coidar o noso planeta!