Este curso, debido á situación excepcional que está a acontecer, propúxose pospoñer a celebración para o vindeiro outono.
Sen embargo, dende o noso centro non queríamos pasar por riba desta data tan importante para nós sen mostrar o noso respeto e o noso amor pola nosa língua e cultura.
Por isto, hoxe queremos compartir con todos vós os seguintes vídeos para conmemorar esta data e estar un pouco máis preto de vós.
Carmen Veira, de 1º de primaria, propúxose aprender unha parte do noso Himno Galego para celebrar o día das Letras Galegas, e hoxe compárteo con todas e todos nós.
Fenomenal Carmen!!!
Moitísimas grazas pola túa fermosa interpretación!
Ademais, os mestres e mestras de A Cristina, tamén quixemos achegarnos máis a vós nesta data e poder sentirnos máis preto para celebrar este día XUNTOS.
Así que compartimos o seguinte vídeo que fixemos con moito agarimo para vós.
Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!
Bravo profes!!!!👏👏👏👏👏❤❤❤❤❤
ResponderEliminarGracias profes por esta video cheo de alegría. Enhoraboa Adriana pola montaxe e gracias por ser tan boa profesora, tan boa persoa e tamen por todas as actividades que nos propos para levar esta situación que nos tocou vivir.
ResponderEliminarTamen a Manuela gracias por axudarnos con todas as dubidas que temos e ese trato persoal que nos das cando chamamos por teléfono.
E unha honra pertenecer a este colexio que está formado por un gran equipo. Gracias profes
OHH!!BRAVO BRAVISIMO!������o!Teño que recoñecer, e non me importa, que me emocionei un pouquechiño con este vídeo������ (inda que me pasa case sempre coa música e coa boa xente). Para nós, esta acción, como outras tantas ó longo do curso e de estes últimos meses sobretodo, non fai mais que reforzar o convencemento da boa elección que fixemos ó matricular a Jimena no cole de zona que lle tocaba, A Cristina, e desbotar algún outro que nos rondaba, que seguramente tamén será moi bo colexio, pero non pode superar esta equipaza humana!!!!
ResponderEliminarE tamén teño que recoñecer que me fixo algo de ilusión ver que, salvo as profesionais da música, o resto das profes cantan igual de ben que na nósa casa....jejejeje ������������♀️!!!!
Jimena non quere deixar de ver o vídeo e a Adriana tocando a pandeireta. Encantounos ós tres. Gracias profes.
Patricia
Bueno, e esa Carmen interpretando o Himno!!!Xenial!!Carmen, Jimena quixo acompañarte e colleu o primeiro instrumento que tiña a man... que resultou ser unha guitarra eléctrica, e non acae moi ben a esa música de Pascual Veiga, pero fixo un dueto contigo que a ela lle gustou moito. Bicos Carmen!
ResponderEliminarMoitas grazas familias! Achégolle as mensaxes e agradézovos a vós e a todas as familias de parte de todo o claustro de mestres e mestras o voso apoio, colaboración e aportacións sempre positivas!!! Tod@s formamos unha gran familia! Feliz día!
ResponderEliminarQue bonitoooo!!👏👏
ResponderEliminarQue cousas tan chulis facedes os profes e os meus nenos e nenas coas familias.
Desprendedes un gran compañerismo e síntome moi afortunada de formar parte desta estupenda familia.
Seguide así!!
Moitas gracias polo voso cariño e as preciosas dedicatorias.
Sempre no meu corazón 💖
Un achuchón de Ana " a conserja".
Bravo a esas profes. Quedouvos xenial noraboa
ResponderEliminar