xoves, 7 de maio de 2020

Familias! Precisamos da vosa axuda.

Benqueridas familias:

Precisamos da vosa axuda co fin de seguir mellorando para vós e para os vosos fillos e fillas!

Como cada curso, polo mes de maio, queremos contar coa vosa opinión sobre o funcionamento e servizos que presta a nosa biblioteca escolar do centro, e polo tanto, tamén deste blog.



Por iso, hoxe xa podedes atopar no voso AbalarMóbil un enlace a unha moi breve enquisa para que fagades as vosas propostas e nos permitades coñecer a vosa valoración sobre as actividades que levamos a cabo durante todo o curso na Biblioteca Escolar do centro.

Dende hoxe ata o 17 de maio tedes o prazo aberto para cubrila, e agradecemos de antemán a vosa colaboración.




1 comentario: