venres, 23 de marzo de 2018

Pasa unhas vacacións... de LECTURAS!

O equipo de Biblioteca elaborou unha serie de recomendacións para desfrutar destas curtas vacacións, sempre ao carón dos contos e libros que nos fan: descrubir, imaxinar, soñar...e, sobre todo, gozar deses momentos que só nos ofrece a lectura.


Vémonos á volta!

mércores, 21 de marzo de 2018

Día da poesía 2018

O 21 DE MARZO conmemoramos o día da poesía. 
Este curso decidimos traballala a partir dun tipo de poesía ancestral xaponesa:

 OS HAIKUS. 

Para que non o saiba, os Haikus 俳句 son  poemas breves, de dezasete  "moras", formados, segundo a norma, por tres versos de cinco, sete e cinco moras respectivamente. Con todo, non se trata por completo dunha métrica fixa. 



Estes son os nosos HAIKUS:







xoves, 8 de marzo de 2018

8 de Marzo 2018

Dende o CEIP A Cristina decidimos conmemorar esta data traballando o noso proxecto "As Mulleres Contan" desde a perspectiva artística.

Para isto, escollimos diferentes cadros de arte no que as protagonistas fosen mulleres traballando.

"As mariscadoras" de Luis Seoane.
 

"Muller na horta" de Luis Seoane.



 

 "Apañando froita" de Luis Seoane.

"As panadeiras" Manuel Colmeiro.





"Mulleres traballando 1" de Leandro Lamas. 


"Mulleres traballando 2" de Leandro lamas.





 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

Seguindo coas visitas do noso proxecto, visitounos unha muller moi especial: 

LUPE BLANCO, a regueifeira de Bergantiños.

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

MÁIS NOVIDADES

 os ESCORNABOTS xa teñen moitos amig@s no noso centro...nos recreos xogamos un montón!







E por suposto, tamén traballamos con eles nas aulas:






Tamén empezamos co uso dos E-BOOKS na hora de ler. Os nenos e nenas de 3º de Educación primaria están desfrutando esta tempada dunha forma de ler diferente!




 UN SAÚDO!


xoves, 22 de febreiro de 2018

BenvidXs Escornabots!

Contarvos que na biblioteca do CEIP A Cristina, temos dous invitados un tanto especiais:

 ESCORNABOTS! 

Moit@s de vós, preguntarédesvos que son. Pero a maioría dos vosos fillos e fillas xa os coñecen.


 Son estes ROBOTS que chegan ao noso cole para aprender moitas cousas e divertirse ao mesmo tempo co nosos alumnado e profesorado.

Os nenos e nenas poderán interactuar con eles nas aulas cos titores/as, máis tamén "libremente" nos recreos na Biblioteca.

Con estes pequenos amigos poderán aprender xogando aspectos relacionados coa reciclaxe, as matemáticas, linguas, deportes, música...




Tamén, creamos un recuncho especial de creatividade, para que cada un/unha deseñe a súa propia plantilla de Escornabot.


 


mércores, 14 de febreiro de 2018

Adiviña canto te quero!

Este mes conmemoramos unha emoción marabillosa: O AMOR.

O equipo de biblioteca quere recomendarvos os seguintes contos para este mes:

Como novidades destacar:

- Todos sois mis favoritos.  Conto marabilloso que traballa o amor que sinten os pais/nais cara os seus fillxs.


-Adivina cuanto te quiero.  O Amor (ao igual que outros sentimentos) é algo complicado de medir, e en ocasións cando se trata de encontrar a forma de expresalo non é algo doado.



- Con locura. Historia entre un gato (que mostra constatemente o seu amor) e un peixe ao que lle costa un pouquiño máis.



- Te quiero (casi siempre).   Ás veces, algo que nos gusta dunha persoa tamén nos molesta... Lolo e Rita son moi distintos entre sí. Este libro, invita á comprensión do que nos fai diferentes.

-De que cor é un bico?. A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será?




 Un saúdo.
 

martes, 30 de xaneiro de 2018

TODOS QUEREMOS A PAZ

Como sabedes, o mes de Xaneiro tócanos conmemorar unha data moi especial: 

O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Dentro do proxecto de centro "As mulleres contan", neste día queríamos adicárllelo tamén a aquelas mulleres que reivindican un mundo igualitario entre os homes e as mulleres, nenos e nenas...en definitiva, para todos!

Estas son as mulleres escollidas e traballadas por cada curso: 

- Educación Infantil: María Teresa de Calcuta.
 
- 1º de E.P. Leimah GBowee

- 2º de E.P. Tawakul Karman

-3º de E.P.: Jody Williams.


- 4º de E.P. Wangari Maathai

- 5º de E.P. Rigoberta Menchú.



-6º de E.P.Malala



Ao mesmo tempo, durante esta semana os nenos e nenas de 6º de E.P. realizaron lecturas, con libros escollidos polo equipo de Biblioteca,  na "hora de ler" polas diferentes aulas do centro









Por último, levamos a cabo unha actividade totalmente voluntaria titulada: "Un poema pola paz". Aquí deixámosvos mostra dos poemas entregados polos nenos e nenas do cole na biblioteca.
 

Algúns dos poemas foron seleccionados para ser lidos na conmemoración celebrada por todo o centro o martes día 30 no patio do colexio.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Recomendamos...

Empezamos unha nova sección no noso centro, onde os propios alumnos e alumnas recomendarán os libros de lectura que máis lles gustaron. 

De momento temos ao alumnado de 6º de E.P:

José Manuel recoméndanos: "O secreto de Morrowbone"
Sara recoméndanos: "Corazón de cereza"
Brian recoméndanos: ""Charlie en la fábrica de chocolate"
Laura recoméndanos: "Volverás, golfiño".
 Mateo recoméndanos: "Gerónimo Stilton: La vuelta al mundo en 80 días"


 E tamén á clase de 6º de Educación Infantil, que nos fai está recomendación tan interesante: "O monstro das cores"




Se queredes velos máis de preto, están expostos na entrada do centro.
Moitas grazas chic@s!