xoves, 25 de outubro de 2018

Mochilas Viaxeiras 2018

  Xa están aquí as mochilas viaxeiras para este curso 2018/2019.
 A temática escollida para traballar, en todo o centro, ao longo do ano será:

"  A REVOLUCIÓN DE A CRISTINA ESTÁ NOS CONTOS"

    Por suposto, é unha actividade para desfrutar en familia cos vosos fillos e fillas e tamén para comentar dúbidas e reflexionar.

Estes son os contidos das mochilas viaxeiras para este curso 2018/2019:

4º EDUCACIÓN INFANTIL:



5º EDUCACIÓN INFANTIL:


6º EDUCACIÓN INFANTIL:


1º EDUCACIÓN PRIMARIA:


2º EDUCACIÓN PRIMARIA:


3º EDUCACIÓN PRIMARIA:


4º A EDUCACIÓN PRIMARIA:


4º B EDUCACIÓN PRIMARIA:


5º EDUCACIÓN PRIMARIA:


6º EDUCACIÓN PRIMARIA:



 Esperamos que as desfrutedes moitísimo!!!!

Un saúdo.

mércores, 24 de outubro de 2018

Lecturas arrepiantes para celebrar o Samaín!!!

Boas a tod@s!
No CEIP Plurilingüe A Cristina xa estamos completamente inmersos na celebración máis terrorífica do ano.
Por iso, dende O Recuncho de Nuno, fixemos unha selección de títulos relacionados con esta data que podedes atopar no expositor da biblioteca.


Se aínda non tendes un libro escollido para ler a noite do Samaín aquí vos deixamos unha breve guía de lectura para que vos fagades con algunha canto antes.

Agardamos que pasedes unha noite de Samaín xenial e..... terrorífica!


luns, 22 de outubro de 2018

Día Internacional da Biblioteca Escolar

Hoxe celébrase o día internacional da biblioteca escolar e, como non podía ser doutro xeito, desde o CEIP Plurilingüe A Cristina quixemos realizar un actividade moi especial en colaboración coas familias. Tratábase de facer cos nenos unha recomendación lectora coas súas lecturas favoritas. Deste xeito, no recuncho de nuno poderemos adquirir fondos para a biblioteca do centro cos gustos do noso alumnado. 




Esperamos que gozarades moito con esta actividade en familia. 

luns, 15 de outubro de 2018

Formación de usuarios

Formación de usuarios 2018!!!

     Como todos os anos a comezos de curso realizamos a formación de usuarios da biblioteca. Os primeiros en realizar dita formación son os RESPONSABLES da biblioteca, que nos axudan durante os recreos a diversas tarefas: realizar o préstamo, colocar e ordenar os fondos no seu sitio e controlar que se respecten as normas da biblioteca.



     Neste curso o equipo de responsables está formado por: Estela, Diego, Soraya, Ainara, Jorge, Sofía Pensado, Noa, Jaime, Adrián, Lucas, Sofía Gerpe, Izan, Olaya, Erika e Hugo.



      Aquí está o equipo nunha das sesións de formación:




     Pero non só é importante ensinar aos nenos e nenas responsables da biblioteca, senón que formamos (coa colaboración dos titores e titoras) ao resto do alumnado do centro.

    Aquí vos deixamos unha mostra das sesións de formación de cada curso:

     O alumnado de Educación Infantil: 





















     O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria:







     O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria:












                O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:











                                 PARABÉNS A TOD@S!!!


mércores, 10 de outubro de 2018

Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!

Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!


Este ano as bibliotecas escolares están adicadas a:

"POÉTICAS DIVERSAS"




    Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

  Por iso, estámonos poñendo mans a obra para que poidades traballar e investigar sobre esta temática, que pretende espertar nos lectores e nas lectoras o interese pola poesía. 

    Así mesmo, compaxinaremos as poéticas diversas coa temática do salón do libro para o ano 2019 "a revolución". Deste xeito, o proxecto de investigación que levaremos a cabo este curso será "A revolución de A Cristina está nos contos". 

COMEZAMOS!!!