luns, 15 de xuño de 2020

Día Internacional do orgullo LGBTIQ+

Bo día a todos e todas:
 Hoxe, aínda que a súa data é o 28 de xuño, queremos conmemorar o

 Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

 ,tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, o cal refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas co fin de que se respete a todas as persoas, sexa cal sexa o seu sexo ou orientación sexual así como denunciar calquer actitude homófoba.
Ningunha nena ou neno, ningunha persoa, debe sentirse excluida, invisibilizada, acosada ou violentada por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, ou por non seguir os patróns, estereotipos e roles asignados ao xénero socialmente. 
Ser divers@ e poder vivilo nos centros educativos non é unha cuestión menor, entra dentro da necesidade de avanzar nos dereitos humanos, situar a educación no centro da transformación social e a igualdade efectiva legal e social. 
Por este motivo hoxe compartimos con vós unha serie de contos que fomentan o respeto e o coñecemento da diversidade sexual ou de xénero.








Así como a curta A peluca de Luca interpretado por nenos:


domingo, 14 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Bo día a todos e todas:


Hoxe Jimena, de 4º de infantil, xunto cos seus pais Rober e Patricia, quixeron facer un precioso e gracioso agasallo de despedida aos seus compañeiros e compañeiras, e moi especialmente á profe Nerea para desexarlle  moito arte e  moita sorte na súa nova andaina. 

Traballaron moito nesta familia para facer un marchoso e divertido conto músical, neste caso con música  flamenca, que estou seguro vos encantará!!!!

Conto Olé Sardina!



Moitísimas gracias Jimena e familia!!!!! 

Sodes uns verdaderos artistas!!!!

sábado, 13 de xuño de 2020

Eu traballo na casa

Bo día a todos!!!

Xa falta moi pouquiño para rematar o curso e os traballos dos nosos alumnos e alumnas comezan a mudar o lápiz e papel por outros materiais cos que ademais de aprender... poden desfrutar alimentándose e dunha forma sana!!!!

Leo, de 4º de infantil, comparte con nós o seu retrato ao estilo do pintor Giuseppe Arcimboldo, e que realmente quedoulle fantástico!!!!! 

Parabéns Leo!!!!

Tamén Rodrigo, de 4º de primaria xunto con Mateo de 6º de infantil, elaboraron unha receita moi apetecible para o tempo de calor, e hoxe a comparten con nós:

Mouse de limón:



Que gran e deliciosa idea chicos! Moitas grazas!!!!



venres, 12 de xuño de 2020

Eu leo na casa

E seguimos con historias de piratas para que pasedes unha aventureira fin de semana!!!


O pirata pata de lata!

Videoconto




Conto

xoves, 11 de xuño de 2020

Eu leo na casa

Continuamos coas lecturas ao sol!

Nesta ocasión co Pirata Metepatas!!!




Vídeoconto


Canción

mércores, 10 de xuño de 2020

Eu leo na casa

Bo día a todos e todas!
Estes días iremos compartindo con vós algúns contos que nos facilitou a profe Rosana para que poidades facer as lecturas ao sol!

Comezamos!!

Capitán Calabrote





Videoconto do Capitán Calabrote



martes, 9 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Hoxe recibimos unha mensaxe para achegar á profe Nere de dous dos seus alumnos dende xa fai anos.....

Co permiso dos autores, este verme tamén quere unirse a esa mensaxe para tí.

Querémoste moito profe!!!!