sábado, 17 de outubro de 2026

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA!

 

A nosa biblioteca escolar ponse en marcha para levar os libros máis alá das aulas e compartir a maxia da lectura coas familias.



As mochilas viaxeiras están preparadas para visitar os fogares do noso alumnado, cargadas de historias, aventuras, imaxinación e momentos para compartir.


Cada mochila é unha pequena biblioteca itinerante, esta vez sobre o ESPAZO EXTERIOR. Convida a descubrir novos exemplares, espertar a curiosidade, deixar voar a imaxinación e, sobre todo, gozar de momentos en familia. Porque ler xunt@s é moito máis ca ler: é compartir tempo, emocións, palabras e experiencias que permanecen na memoria.

Dentro atoparémonos cunha actividade onde podedes deixar voar a vosa creatividade:

Desde a biblioteca escolar estamos moi ilusionados co comezo desta nova aventura e desexamos que as mochilas viaxeiras sexan recibidas con moita ilusión en cada fogar.

PREPARADOS, LISTOS... COMEZA A VIAXE!

A nosa biblioteca escolar ponse en marcha para levar os libros máis alá das aulas e compartir a maxia da lectura coas familias.

A nosa biblioteca escolar ponse en marcha para levar os libros máis alá das aulas e compartir a maxia da lectura coas familias.



APERTURA DA BIBLIO!




 




mércores, 30 de setembro de 2026

BOOK CROSSING

 

Os libros tamén queren viaxar!

No CEIP A Cristina estamos moi contentos de presentarvos unha nova iniciativa: instalamos un punto de book crossing no patio!


En que consiste? É moi sinxelo: creamos un espazo no que os libros poden pasar dunhas mans a outras. Dentro casiña atoparedes libros para nenos e nenas de educación infantil, educación primaria e tamén para adultos. Calquer persoa pode deixar alí un libro que lera e que queira compartir ou coller outro dos que xa están, desfrutar da súa lectura e, se o desexa, voltar a poñelo en circulación para que siga viaxando.  






















luns, 28 de setembro de 2026

QUENTANDO MOTORES....1, 2, 3...

  3, 2, 1... NUNO, PREPARADO PARA DESPEGAR! 

Na nosa biblioteca xa estamos quentando motores para comezar unha nova andaina! E este curso promete levarnos moi, moi lonxe... 

O proxecto do noso centro leva por título «Unha constelación única», unha fermosa viaxe para descubrir, explorar e coñecer un pouquiño mellor ese mundo marabilloso que nos rodea. E claro, toda gran aventura precisa un lugar desde onde comezar!

Por iso, o primeiro paso será preparar a nosa biblioteca para que Nuno poida viaxar polo universo sen sequera moverse dela! 

 Aquí vos presentamos o cartel deste curso, no que aparece nada máis e nada menos que... NUNO VESTIDO DE ASTRONAUTA!


Quen llo ía dicir! De gardián dos libros a explorador das estrelas! 

Agora só falta poñer a punto a nosa nave espacial, cargar as mochilas de ilusión e prepararnos para despegar.

Porque na nosa biblioteca os libros teñen un poder extraordinario: lévannos ata as estrelas sen levantar os pés do chan!

 PRÓXIMO DESTINO: O UNIVERSO!

sábado, 6 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS








 




TEATRO A ESCENA!



O alumnado de 3º B levou adiante, na área de Proxecto Competencial, a representación da obra Cataventos e Cía, baseada no libro de Celia Díaz Núñez. Foi unha experiencia desenvolvida ao longo de todo o curso, na que se combinaron lecturas dramatizadas, ensaios, aprendizaxe de diálogos e traballo cooperativo.
 Entre erros, risas, nervios e moito esforzo, o alumnado foi medrando como grupo ata culminar nunha representación que lles permitiu gozar da lectura, da interpretación e da creación compartida.

Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador e do atrezzo necesario para a posta en escena.Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador, así como dunha escenografía e dun atrezzo de produción propia, creados maioritariamente con materiais de refugallo e reutilizados, integrando a sustentabilidade nun proxecto artístico cheo de creatividade.

 O proxecto acadou un fito moi especial coa súa primeira representación pública, nada menos que nun certame teatral de ámbito provincial organizado pola Deputación da Coruña.

(Premede na imaxe para ver a representación)


A aventura aínda continúa, pois quedan por diante dúas novas representacións: unha na Biblioteca Municipal e outra no Pazo da Cultura de Carballo. Estamos inmensamente fachendosos do resultado e do camiño percorrido. Quen lles ía dicir a estes pequenos artistas cando abriron o libro por primeira vez que rematarían levando a historia aos escenarios? 

De Carballo a Broadway hai a carreiriña dun can!




















mércores, 27 de maio de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS con.... EVA MEJUTO

  

O pasado mércores, día 20 de maio, tivemos a gran honra de recibir no noso centro á escritora galega

Eva Mejuto, autora do libro Queco e Kika, unha lectura que traballou e gozou o alumnado de 3º e 4º de EP previamente na aula.



Durante o encontro, Eva demostrou unha proximidade e unha paciencia admirables cos máis pequenos/as. Os nenos e nenas, entusiasmados coa historia de Queco e Kika, non pararon de levantar a man e fixéronlle moitísimas preguntas para resolver as súas inquedanzas ou dúbidas. Eva respondeu a cada un/unha cun gran sorriso. Gañando o cariño de todo o público.


Para poñer o broche final, a autora dedicou un tempo a asinar exemplares dos seus libros, deixando un recordo personalizado e único para cada alumno/a.

O alumnado  espera impaciente pola segunda parte da historia!