Como sabedes, o mes de Xaneiro tócanos conmemorar unha data moi especial:
O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Dentro do proxecto de centro "As mulleres contan", neste día queríamos adicárllelo tamén a aquelas mulleres que reivindican un mundo igualitario entre os homes e as mulleres, nenos e nenas...en definitiva, para todos!
Ao mesmo tempo, durante esta semana os nenos e nenas de 6º de E.P. realizaron lecturas, con libros escollidos polo equipo de Biblioteca, na "hora de ler" polas diferentes aulas do centro.
Por último, levamos a cabo unha actividade totalmente voluntaria titulada: "Un poema pola paz". Aquí deixámosvos mostra dos poemas entregados polos nenos e nenas do cole na biblioteca.
Algúns dos poemas foron seleccionados para ser lidos na conmemoración celebrada por todo o centro o martes día 30 no patio do colexio.
Algúns dos poemas foron seleccionados para ser lidos na conmemoración celebrada por todo o centro o martes día 30 no patio do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario