Este mes conmemoramos unha emoción marabillosa: O AMOR.
O equipo de biblioteca quere recomendarvos os seguintes contos para este mes:
Como novidades destacar:
- Todos sois mis favoritos. Conto marabilloso que traballa o amor que sinten os pais/nais cara os seus fillxs.
-Adivina cuanto te quiero. O Amor (ao igual que outros sentimentos) é algo complicado de medir, e en ocasións cando se trata de encontrar a forma de expresalo non é algo doado.
- Con locura. Historia entre un gato (que mostra constatemente o seu amor) e un peixe ao que lle costa un pouquiño máis.
- Te quiero (casi siempre). Ás veces, algo que nos gusta dunha persoa tamén nos molesta... Lolo e Rita son moi distintos entre sí. Este libro, invita á comprensión do que nos fai diferentes.
-De que cor é un bico?. A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será?
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario