Hoxe, aínda que foi un día pasado por auga, os nenos e nenas das aulas de 5º e 6º de educación infantil realizaron unha saída ata a Biblioteca Rego da Balsa, onde desfrutaron de distintas cancións e contos relatados por un dos ratos de Lonxedetodo.
Tamén nos informaron de que podemos facernos socios da biblioteca sen custo para poder levar a casa moitos libros e contos.
Moitas grazas pola vosa invitación e por facer que pasaramos un día estupendo!!!
Tamén agradecer ao concello de Carballo que a viaxe ata alí fose posible.
Tamén nos agasallaron con mochilas, para cada un dos alumnos e alumnas, e con contos para a biblioteca do noso cole. Moitísimas grazas!
Que ben o pasan!!!
ResponderEliminarDa gusto vel@s!!!