Un chuvioso 6 de decembro de 1978, vintecinco millóns de españois foron chamados ás urnas para ratificar co seu voto o proxecto de Constitución española.
Os cidadáns participaron masivamente no referendo e dende ese ano, todos os españois e españolas, celebramos esta importante data para a nosa sociedade cada 6 de decembro.
Ese día, ás nove da mañá constituíronse os máis de corenta mil colexios electorais nun día histórico. Por primeira vez, máis de dous millóns e medio de mozos e mozas exercerían o seu dereito ao voto. Ante as urnas, os cidadáns tiñan que responder cun si, non ou abstención á pregunta "¿Aproba o proxecto de Constitución?".
Hoxe, un frío pero soleado 4 de decembro para conmemorar o día da constitución española, as nosas alumnas e alumnos de 3º ciclo de educación primaria participaron no seu primeiro referendo e exerceron, por primeira vez, o seu dereito a voto coa pregunta:
Queredes que os venres teñades recreo libre polas distintas zonas??
Grazas a esta iniciativa das titoras de 5º e 6º de EP, o alumnado puido vivir en primeira persoa o significado do sufraxio, referendo, vocais, mesa electoral, escrutinio... e agardamos que den boa conta do seu dereito cando chegue o seu momento.
Aquí compartimos algunhas imaxes do evento:
E por suposto, feito o reconto, tamén compartimos con vós a acta de escrutinio do referendo
👏🏽👏🏽👏🏽
ResponderEliminarFacedes de todo!!!
ResponderEliminarDa gusto con este cole!!!
👏👏👏