xoves, 19 de decembro de 2019

Xoves de nadal

Hoxe foi o derradeiro contacontos de nadal para o alumnado de 1º ciclo de primaria da man da nai de Valentina, Carmela, que volveu para contarlles ao alumnado o conto titulado "Derradeira carta aos reis magos" dado que mañá será o día no que veñan visitar a todos os alumnos e alumnas do centro.


Moitísimas grazas pola visita e polos estupendos momentos que pasamos contigo de novo.


Durante o recreo volvimos a desfrutar das panxoliñas na biblio. Debido ao limitado tempo e a grande demanda por parte de moitos alumnas e alumnos, máis adiante volveremos repetir esta actividade musical noutros eventos ou conmemoracións. 
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa ilusión, alegría e participación. 



Despois do recreo finalizamos o festival de panxoliñas cos cursos de 5º e 6º de educación primaria que podedes visualizar a continuación. 
Fenomenal chic@s e profe Nerea!



E para finalizar a xornada, este curso o noso centro, tendo en conta o proxecto do centro e as datas nas que nos atopamos, decidiu levar a cabo unha actividade característica do Nadal, a carreira polo San Silvestre que podedes visualizar no vídeo que atoparedes ao final da entrada, pero no noso caso un San Silvestre solidario .

Durante toda a semana as familias do noso alumnado aportaron o seu grao de arena para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.  
A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. 

Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.


San Silvestre



Moitas grazas a tod@s e lembrade que mañá recibiremos as súas Maxestades os Reis de Oriente. 

1 comentario: