venres, 14 de febreiro de 2020

14 de febreiro, Día do Amor e da Amizade.

Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade , un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.

Por iso este curso gustaríanos dedicalo as nosas alumnas e alumnos de 6º de infantil e de 6º de primaria, dado que para o vindeiro curso darán un gran paso na súa vida: uns cambian de etapa pasando da infancia á nenez, de infantil a primaria, mentres que  outros pasan da nenez á adolescencia, de primaria a secundaria.

Entre ambas aulas levan forxando unha gran relación de amizade nos últimos tres anos a través dos apadriñamentos lectores, da súa compaña durante as lecturas ao sol, coidando e deixándose coidar durante os patios e os recreos na biblio.

Dín que os amigos son os irmáns que se poden elixir, e como podemos ver a continuación este dito ten moita razón...


                     



Feliz día do amor e da amizade a todas e todos!

5 comentarios:

  1. Super orgullos@s dos maiores!!!!
    Precioso video!!!
    Feliz dia!!!!
    😍😍😍😍

    ResponderEliminar
  2. Parabéns por todas estas iniciativas!! Un vídeo fermosísimo!!!
    Saúdos dende o CEIP O Sello - Vigo

    ResponderEliminar
  3. Q chulada...parabens a todos que fixestedes posible este fermoso video

    ResponderEliminar
  4. Conseguin velo hoxe!!que bonito e...um gran traballo o do noso cole!!noraboa!!

    ResponderEliminar