luns, 24 de febreiro de 2020

Día de Rosalía- 24 Febreiro

Hoxe celébrase o Día de Rosalía de Castro, escritora símbolo de Galicia e autora de obras inmortais que denunciaban todas as inxustizas ás que estaban sometidas todas as persoas. Nas súas obras reflectiu a situación desa Galicia dolorida e maltratada, desangrada pola emigración, pola pobreza da poboación galega ou a precaria situación laboral que sufrían algúns dos seus habitantes fora da comunidade.
 Os galegos empezaron a facer as maletas dende o S. XVIII. Máis dun millón e medio de galegos tiveron que abandonar a súa terra para poder sobrevivir, chamábanlles emigrantes. Por desgraza a historia repítese aínda que por outros motivos, dado que nos últimos anos moitos dos xóvenes galegos universitarios tiveron que facer o mesmo que os seus ancestros para poder cumprir os seus soños.

 Por iso, este ano no CEIP A Cristina, quixemos conmemorar a súa obra relativa á emigración. Todas as aulas do centro traballaron distintos poemas de dita temática que hoxe compartimos con todos vós.











 No seguinte vídeo podedes ver a montaxe elaborada polo EDLG dalgúns dos poemas traballados .




Lembrade que no expositor da biblioteca do centro tedes á vosa disposición algunhas das obras de Rosalía así como distintos exemplares da súa biografía.




FELIZ DÍA DE ROSALÍA A TODOS E TODAS.

1 comentario: