martes, 31 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Día das Artes galegas

Soamente falta unha hora para que sexa 1 de Abril, o Día das Artes Galegas, celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes, e este ano o homenaxeado é o arquitecto Domingo de Andrade, creador de diversas obras coñecidas de Santiago de Compostela, entre elas, a miña  apreciada Torre do Reloxo.

E para celebralo, non atopamos mellor ocasión para compartir con vós as achegas artísticas que veñen da man de Fabiola, de 4º de infantil, e de Germán de 6º de Infantil, que dedicaron o día a facer os marabillosos traballos artísticos que podedes ver na seguinte imaxe:




Parabéns Germán e Fabiola, sodes uns grandes ARTISTAS!!!!


Moitas grazas por compartilo con nós!!


Os e as que queirades aínda estades a tempo! Mañá podedes enviarnos todas as obras de arte que estades facendo estes días na casa! ceipacristinabiblioteca@gmail.com

1 comentario:

  1. Mateo dime que bonitos os cuadros!!!
    Moitos abrazos para German e a sua irma tamen!!!

    ResponderEliminar