Xa non podemos esperar máis para anunciavos a viaxe que imos comezar!
Imos investigar e aprender sobre unha expedición que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 ata 1806. É a Real Expedición Filantrópica da Vacina ou Expedición Balmis.O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico)
Imos viaxar, pois o tema elixido para as bibliotecas escolares, como xa vos anunciara é: XEOGRAFÍAS LECTORAS.
Imos falar de ciencia, pois este é o seu mes, máis concretamente de vacinas (non podía ser un tema máis actual!)
Imos falar de Isabel Zendal, unha enfermeira que formou parte desta expedición, xa en 1803 as enfermeiras axudaron a salvar moitas vidas.
E unha vez que comecemos a viaxe seguro que aparecen moitas máis aventuras que investigar, aventuras que recolleremos neste blog!
Aproveito para anunciar que hai un libro novo na biblio, moi relacionado con este tema: NOVO MUNDO. Isabel Zendal na Expedición da Vacina
Aquí tedes uns vídeos que vos poden axudar a adentrarvos na expedición:
A eleccion mellor imposible!!!!
ResponderEliminar💪💪💪