domingo, 15 de novembro de 2020

PRENSA NO COLE

 Novembro está cheo de acontecementos, non só ciencia. Dentro de pouco, o día 20, celébrase o Día dos dereitos da infancia. A convención sobre os Dereitos da infancia recoñece no seu artigo número 17 o dereito de acceso á información e material procedentes de diversas fontes nacionais e internacionais que teñen nenos, nenas e adolescentes.

Recibimos grande parte desta información a través dos medios de comunicación, a tele, a radio, internet... dende o cole queremos fomentar a prensa escrita, por iso todos os mércores no momento de ler os máis maiores teñen xornal.






É importante tamén, achegarse á información dunha maneira crítica. Actualmente recibimos noticias constantemente, sobretodo dende o inicio da pandemia,  e tamén se incrementou a difusión de noticias falsas, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. 
Loitemos coa maior arma contra a desinfodemia: A EDUCACIÓN.




1 comentario: