Aos alumnos de 5º e 6º de educación infantil veu a nai de Álvaro, Azucena, a falarnos dun dos sectores que continúa a ser un dos primeiros eixos da economía galega, o sector pesqueiro.
Azucena ensinounos moitos datos curiosos desta profesión tan cercana a ela e ao noso compañeiro Álvaro.
Vós sabíades que os polbos que viven preto das rocas teñen unha cor máis escura porque zampan os nosos saborosos e caros percebes???
Este dato e moitos outros os aprendimos grazas a todas as fotos e información que compartíu con nós. Tamén explicounos como é a vida e horarios dun pescador, os útiles e instrumentos que emprega, o funcionamento e organización dunha lonxa, as distintas partes dun barco de pesca...así como o porto e as mareas de Malpica.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg35g18cUmsYhqdnxsQ24R7rNPaw8p3m7HTWyycS33MLpyRExskCkzn4JwdMKsjkyY0f8STyFdm-N8avty-K_r4ErNBp2JewWBIXffQlR2JqlYeA5yfzDWTsv35cs4xsS7ztFND47Z9Hkg/s400/IMG-20191210-WA0055.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijHmAdSP1Ku4mZqLdOmyKJg6nWjQTruDcbflEA8Zf3wBo-grMLs_grwwudTlCxoIaUQI1p_QyhhRf6TNuATi5JvBEqC4gTBCFkk8mZ8VqqLEdhzw6oR383RlnVHXmhyphenhyphen6nLgFPZ6hSVXhs/s400/IMG-20191210-WA0054.jpg)
Que gusto da ver as cariñas de interesantes qe poñen!!!😍😍
ResponderEliminar