xoves, 5 de decembro de 2019

Plan Proxecta: Protexe os animais.

Este curso as aulas de Educación infantil e primeiro ciclo de primaria foron seleccionadas para levar a cabo o Plan Proxecta "Protexe os animais".

Entre todos os alumnos e alumnas destes cursos e algúns mestres e mestras  do centro elaboramos o Plan do proxecto que leva por título "Animalízate", pois somos conscientes da necesidade que existe actualmente sobre a sensibilización animal por parte da nosa sociedade, dado que os animais non son un xoguete senón que cumplen un papel fundamental nas nosas vidas e , para os que teñen mascota, nas súas familias. Son uns seres vivos que teñen necesidades e sentimentos, e desgraciadamente, moitas veces son danados polo home.

Dende o mes de outubro levamos realizando diversas actividades que compartiremos con vós dado que precisamos a axuda de tod@s, grandes e pequenos, alumn@s e familias.

Unha das actividades que realizamos onte foi a visita ao Pazo da cultura de Carballo para visualizar a proxección da película Mascotas

Todos e todas desfrutamos moitísimo e agardamos que tamén teñades a oportunidade de vela na casa, dende a biblioteca do centro podedes levala emprestada.







Continuaremos publicando o resto das actividades que andamos argallando para axudar e protexer aos animais domésticos.

1 comentario: