mércores, 11 de decembro de 2019

Recíclate con Sogama

Hoxe tocoulle a quenda a 4º, 5º e 6º de educación primaria, os nosos maiores do cole, que un curso máis participaron no programa de educación ambiental chamado "Recíclate con Sogama" na biblioteca do centro.

Este programa, tan necesario nos tempos que vivimos para salvar o noso planeta,  ten como obxectivo promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante un consumo responsable, unha produción reducida de residuos e o fomento da reutilización e o reciclaxe.




Cabe lembrar que este curso o centro conta cun pequeno horto escolar polo que nos recreos debemos levar os restos orgánicos das nosas merendas ás papeleiras correspondentes que atoparedes nos patios, xa que logo son levados ao composteiro.


Desta forma podemos tratar a materia orgánica xerada e obter un fertilizante de alta calidade para empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe de residuos orgánicos.



Compartimos con vós algunhas das fotografías realizadas durante a visita de Sogama. 










Moitas grazas por ensinarnos a coidar o noso planeta!







1 comentario:

  1. Moito aprenden!!!
    E eu tamen!!!
    Mirando os blocks que compartides!!!
    Gracias

    ResponderEliminar