No día de hoxe o alumnado de 2º e 3º de educación primaria tiveron a sorte de asistir na biblioteca do cole a un contacontos contra a discriminación ofrecido pola Deputación e o Concello de A Coruña, da man da ONG Viraventos.
Este foi un contacontos que non pasou desapercibido, moi diferente aos que estamos acostumados e deixou en todos e todas nós uns sentimentos especiais: a empatía, o rexeitamento ás inxustizas e a necesidade de non xulgar sen coñecer.
Esta historia que nos contaron chegou ata nós como se a vivíramos en primeira persoa dado que moitas veces nós tamén xulgamos e somos xulgados sen ningún tipo de criterio e sen percatarnos do dano que podemos facerlle aos demais.
Unha vez máis caemos na conta de que non importa a nosa altura, as nosas características, a nosa cor de pelo ou de pel, o único que importa é o que hai dentro de nós e o que facemos polos demais.
" As diferenzas suman, se non o entendes restas!"
Moitas grazas a todos os membros da ONG Viraventos, á Deputación e ao Concello de Coruña.
Compartimos con vós unha pequena mostra do acontecido así como algunhas imaxes do día.
Si se aplicara que ben nos iria!!!
ResponderEliminarPouco a pouco temos qe conseguilo!!!
👏🏽👏🏽👏🏽
ResponderEliminar