Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de outubro de 2019

Días Fedelleiros

A pesar de que este curso solicitamos participar no proxecto Biblioteca Creativa pero non fomos seleccionados, seguiremos facendo da nosa biblio un lugar onde aprender desfrutando.

Por iso, presentamos algunhas das novidades para pasalo fenomenal os días fedelleiros, aínda que hai moitos xogos máis e actividades que iremos propoñendo ao longo do curso.

Lembrade: Todos os luns e venres no recreo!


Vinde a coñecelos e... A xogar!!!!


xoves, 2 de maio de 2019

Desfrutando do Recuncho de Nuno

Imos chegando ao remate do curso e cada día desfrutamos mais da nosa biblioteca. Queremos achegarvos unha mostra dalgunhas actividades que facemos no Recuncho de Nuno.
Pasámolo xenial os luns e os venres fedelleiros xogando aos distintos xogos que temos na biblio e utilizando os ordenadores e as tablets.







E, ademais, gozamos moitísimo facendo traballos documentais para as distintas actividades e proxectos das nosas aulas.













Pouquiño a pouco iremos incorporando mais materiais e actividades para seguir mellorando o noso recuncho.

venres, 5 de abril de 2019

O DEPORTE MENTAL TAMÉN É SAÚDE

Hoxe, no recuncho de nuno, tivemos unhas actividades moi especiais. 
Aproveitando que este fin de semana é o día internacional do deporte e o día mundial da saúde decidimos unir estas dúas datas e dedicar a hora do recreo aos xogos de deporte mental: sopas de letras, tangram. escrable, quebracabezas e o dominó, entre outros.
Mirade que ben o pasamos.