luns, 17 de febreiro de 2020

Visitamos Canosa Onda

Polo Día da Radio tres representantes do CEIP A Cristina visitamos as instalacións de radio do CEIP Canosa-Rus. Alí coñecemos o funcionamento da radio escolar, o seu proxecto e a súa biblioteca. 

Fomos convidados para facernos unha entrevista e compartir con eles o noso traballo sobre o humor e os deportes e que hoxe queremos compartir con vós.

Agardamos que o desfrutedes.





Mandados do Meco: Martes

Continuamos....


sábado, 15 de febreiro de 2020

Mandados do Meco

Comezamos a semana do Entroido, unha das nosas semanas preferidas do curso, e nesta ocasión o Meco da os seus mandados relacionados co noso proxecto anual de centro "Os xogos olímpicos".

Estade moi pendentes cada día pois as súas ordes publicaranse o día anterior, e lembrade que son acumulativas.

Preparados......
Listos......
Xa!!!!


Comezamos:





Contacontos polo Día do Amor e da amizade

Hoxe na biblioteca, as alumnas e alumnos de infantil recibimos a visita de Natalia, a nai de Marcos, que veu contarnos unha fermosa historia de amor, "Unha parella diferente", na que un crocodilo e unha xirafa namorados tiveron que padecer as miradas, burlas e comentarios dos seus veciños e achegados.






E rematamos a sesión  cantando todos xuntos unha preciosa e sabia canción de Maria Fumaça "Eu teño alguén".





 Encantounos!! Agardamos que volvas repetir moi pronto. 
Moitísimas grazas!!!!



Lembrade que aínda tedes a vosa disposición outras fermosas lecturas no expositor da biblioteca que chegarán ao máis profundo do voso corazón.


venres, 14 de febreiro de 2020

14 de febreiro, Día do Amor e da Amizade.

Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade , un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.

Por iso este curso gustaríanos dedicalo as nosas alumnas e alumnos de 6º de infantil e de 6º de primaria, dado que para o vindeiro curso darán un gran paso na súa vida: uns cambian de etapa pasando da infancia á nenez, de infantil a primaria, mentres que  outros pasan da nenez á adolescencia, de primaria a secundaria.

Entre ambas aulas levan forxando unha gran relación de amizade nos últimos tres anos a través dos apadriñamentos lectores, da súa compaña durante as lecturas ao sol, coidando e deixándose coidar durante os patios e os recreos na biblio.

Dín que os amigos son os irmáns que se poden elixir, e como podemos ver a continuación este dito ten moita razón...


                     



Feliz día do amor e da amizade a todas e todos!

xoves, 13 de febreiro de 2020

Día Mundial da Radio





Hoxe, 13 de febreiro, celébrase en todo o mundo 
o Día da Radio.

Aínda que esta conmemoración instaurouse en novembro do ano 2011,  a súa data ven conmemorar o 13 de febreiro de 1946 xa que foi o día no que se deu vida á Radio das Nacións Unidas con tres obxectivos fundamentais: concienciar á xente e aos medios sobre a importancia da radio, proporcionar información accesible a todos e todas e mellorar a cooperación entre o mundo.

Como xa sabemos, a radio segue a ser un dos medios de difusión e comunicación máis importante  e no CEIP A Cristina queremos darlle cabida dentro da educación e aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.

Por isto, hoxe queremos compartir con vós un podcast creado entre todas as aulas do centro baseado no proxecto anual "Os xogos olímpicos e o deporte" pero dándolle un toque de humor.

Escoitade, escoitade.....


sábado, 8 de febreiro de 2020

Cogami: talleres a prol da igualdade

Esta semana, no CEIP Plurilingüe A Cristina desfrutamos coa visita de dúas traballadoras da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) .

Durante toda a semana pasaron polas distintas aulas do centro realizando contacontos , actividades sensoriais e outras dinámicas de sensibilización con material adaptado a través das cales puidemos poñernos na pel de persoas con discapacidade.

Moitas grazas pola vosa visita e por deixarnos ben claro que  a diversidade que existe na nosa sociedade é riqueza, que todas as persoas somos diferentes e todas temos capacidades.

Compartimos con vós algunhas imaxes das distintas xornadas.