Entre todos e todas, tratamos de facer dela un lugar onde teñan cabida todas as persoas, un lugar onde aprender, relacionarse cos demais, relaxarse e, sobre todo, desfrutar dos momentos de lecer dunha forma divertida e pracenteira.
Por iso este curso, co valioso traballo e esforzo do alumnado de 5º EP e da súa titora Lucía así como coa participación do alumnado que cada día pasa o seu tempo durante o recreo e que fan que todo o noso traballo e ilusión teña un bo motivo, quixemos dar a coñecer algunhas das actividades que na nosa biblioteca se realizan, pero dunha forma moi especial, a través da lingua de signos.
Moitas grazas chic@s e profe Lucía!!!
Este vídeo así como outras curtas que fan unha homenaxe ás bibliotecas podédelas ver este xoves 24 de outubro no Recuncho de Nuno durante o recreo. Aquí vos deixamos o cartel!
Da gusto ver como traballades!!!
ResponderEliminarPrecioso!! Noraboa polo voso traballo 😍
ResponderEliminarMoitas grazas!!!
ResponderEliminar