Comezou a semana máis tenebrosa do curso, e como non podía ser doutra forma hoxe pasámolo terrorificamente xenial, nesta ocasión grazas ao contacontos realizado polas nais de Lucía e Leo, Roque e Carmen.
Tivemos o pracer de desfrutar de dúas sesións de teatro sobre o conto de Carabuñas, unha para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, e nunha segunda quenda todo o alumnado de Educación infantil.
E por se fora pouco, agasalláronnos a todos cun divertidísmo anel de morcego!!
Pasámolo de medo con vós!
Aquí compartimos unha mostra de tal evento:
Moitísimas grazas Susana, Yolanda e Bea.
Agardamos que repitades moi pronto!!!
Graciasss mamissss!!
ResponderEliminarO meu pasouno moi ben!!
Veu moi contento co anillo de murcielago!!!
Moitas gracias!! 👏🏽👏🏽👏🏽
ResponderEliminar