martes, 15 de outubro de 2019

Traballos de investigación

- Ay....Moi traballadoriños nos saíron neste cole.
- Nin que o digas! Ata os pequenos da escola sonche ben listos!
- Non che digo máis que ata o día das bibliotecas non se vai publicar.
- Pero conta, conta, algo poderás adiantar, non si?


Pouco falta para a celebración do Día das Bibliotecas escolares, e este ano tódalas aulas puxéronse mans á obra, ou mellor dito a lápis e papel, e andan argallando un traballo de investigadores, autores, ilustradores e editores relacionado coa temática do proxecto do centro deste ano, os xogos olímpicos!

Por iso, compartimos convosco unha pequena mostra do traballo de investigación da aula dos maiores de infantil, a clase de 5 anos, que estiveron realizando nas derradeiras semanas.
























Noraboa chic@s e profe Laura, gran traballo!







1 comentario: