martes, 8 de outubro de 2019

Formación de Colaboradores da biblioteca

Seguimos dinamizando a nosa biblioteca, e un curso máis contamos coa valiosa axuda do alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Houbo moitos alumnos e alumnas que quixeron unirse ao noso equipo este curso polo que tivemos que facer un sorteo para os novos membros, pois os colaboradores do ano pasado confirmaron a súa continuación.

Moitas grazas chic@s polo voso interese e por todo o esforzo e ilusión que mostrades cada día.

Agardamos que vos sintades moi a gusto.

Aquí compartimos algunhas fotos dos novos axudantes da biblio que hoxe reuníronse para rematar a súa formación.







Ningún comentario:

Publicar un comentario