Achégase xa unha data que todos agardamos impacientes cada ano por ser unha das festas máis divertidas e creativas do cole:
o Samaín.
Por iso compartimos con vos algunhas das actividades que realizaremos na biblioteca así como unha guía de lecturas recomendadas para pasar unha noite de Samaín terrorificamente divertida nas vosas casas, aínda que podedes atopar moitas máis na nosa biblioteca, moitas delas, como vedes, están xa no noso expositor á vosa disposición.
Ademáis, tamén creamos este symbaloo con distintos recursos, vídeos e xogos do Samaín para traballar dende as aulas do centro e, se queredes, tamén dende a casa.
Chegado o día compartiremos con vos o "medo" que pasamos durante esa festa no colexio de A Cristina.
Que o pasedes aterradoramente xenial!!!!
Gracias!!!!
ResponderEliminarMedo me da!!!
😂😂😲😲