sábado, 5 de outubro de 2019

Dia mundial dos Animais

Hoxe celébrase unha data moi especial para moitos de nós xa que para algúns son uns amigos moi fieis, para outros son riquiños e simpáticos, outros quizáis lle teñen un pouco de medo por non ter contacto con eles pero para moitos outros son máis que mascotas, son un membro máis da familia que cada día nos dan o seu amor incondicional sen pedir nada a cambio.

 Falamos dos animais.

Hoxe foi o seu día e dende a biblio quixemos darlle voz e mostrar unhas problemáticas que nos gustaría que desapareceran: o abandono e o maltrato animal.

Por iso visualizamos unha fermosa historia dun pitbull e un mico rueiro, e de como as persoas podemos axudarlles a ter unha vida moi feliz. Trátase dunha curta de pixar chamada "Kitbull".
Compartímola con vós para que a desfrutedes tanto coma nós dende os vosos fogares.






Ademáis, ao longo da vindeira semana investigaremos sobre os nosos animais preferidos e tamén sobre moitos descoñecidos. No Recuncho de Nuno tedes a vosa disposición diversos fondos para descubrir todo sobre eles.
Aquí vos deixamos unha mostra:


Agardámosvos no Recuncho de Nuno!





1 comentario: