martes, 10 de marzo de 2020

Visita de Natalia Raña Fuentes

Hoxe todo o alumnado de educación primaria tivo o pracer de recibir a visita dunha das grandes deportistas galegas que investigamos polo Día internacional da Muller, Natalia Raña.

 Acudiu ao noso centro para animarnos, a través do seu exemplo, a cumplir os nosos soños, independentemente do noso sexo, idade ou raza.

 Contounos a súa longa andaina dentro do mundo do deporte, as distintas modalidades nas que participou ao longo da súa vida, os seus éxitos e vivencias, a roupa e materiais que emprega, o que tivo que esforzarse cada día para lograr os seus obxectivos... Pero o que nos remarcou en distintas ocasións foi que o máis importante é que debemos divertirnos mentres practicamos e participamos en actividades deportivas, dado que hai que mirar o momento e non o resultado.

 Moitas grazas pola túa visita, polos teus consellos e por todo o que nos ensinaches hoxe.


 Mostrámosvos a continuación unha pequena mostra da súa visita.




1 comentario: