venres, 3 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais

Non podíamos rematar a semana sen mandarvos as propostas de varias familias que nos achegan ideas xeniais para intentar pasar esta semana santa moito máis entretida.


Jimena, de 4º de infantil e a súa familia, queren compartir con nós un mega puzzle súper chulo que andiveron facendo estes días, de nada máis e nada menos.... 104 pezas!!!! E o máis importante... de Dinosaurios, que tanto lle gustan a ela e aos seus amiguiñ@s da aula de 3 anos, aos que bota moitíiiiiiiiiisimo de menos.



Fenomenal Jimena!!!!!


Tamén, Valentina, de 1º de primaria, e Lorenzo Couto Villanueva de 4º de infantil, quixeron compartir con nós distintas actividades divertidas que estiveron realizando dende a semana pasada.


PLANTAMOS:

O 27 de marzo plantaron unhas sementes de aguacate e fixeron un experimento pra ver como xerminan as lentellas.

E cóntannos o seu proceso:

1º. Nun vaso de plástico ou vidro preferiblemente transparente para ir vendo mellor o proceso, ou empregar un envase de iogur tamén valería.

Inicio 27 de marzo


2º. Humedecer algodón ou no caso de non ter, facer unha bola con papel de cociña. OLLO! solo humedecer, que non quede moi empapado de auga.



3º. Colocar entre a parede do envase e o algodón unhas lentellas.




4º. Tapar o envase durante unha semana para que non nazan bacterias dentro e estraguen o xerminado. Despois poñer nun lugar luminoso.

Resultado o 3 de Abril


5º. Unha semana despois, as lentellas xa están xerminadas. Destapamos o envase e seguiremos vendo durante os vindeiros días como segue crecendo.



MANUALIDADES:

Ademais elaboraron unhas Zapatillas de cartón para aprender a atar os cordóns así como unha das
 tarefas propostas pola súa  profe Sandra para practicar a motricidade fina.




Así como tamén crearon un robot ben chulo reciclando diversos materiais que tiñan na casa. 
Mirade Mirade...




DISFRAZÁMONOS:

Finalmente, ao igual que a moitos e moitas de vós, a Valentina e a Lorenzo encántalles disfrazarse  de súper héroes, así que onte   Lorenzo foi á caza de Gato Pelado co seu súper poder de lanzar raios conxelantes e Valentina co poder de súper velocidade!!.



Imaxinación ante todo!




Por outra banda, Mateo de 6º de infantil, xunto coa súa familia, elaborou un xogo co que perfeccionar a súa puntería durante as vacacións.


Ensínanos o paso a paso.

1ºMirar se temos témperas para pintar máis rápido.



2º Coller os materiais necesarios


3º Decorar os platos ao voso gusto e cores dispoñibles



4º Recortar o círculo interior para quedarnos cos aros exteriores


5º colocar unha base cun tubo ( como o cartón do rollo de cociña) e... A XOGAR!!!!


Moitísimas grazas por todas estas ideas familias!!!!

Pasarémolo en grande!!!!


Cun achuchón enorme e moi agradecido pola vosa colaboración durante todos estes días, despídome de vós ata o vindeiro 13 de abril.

Pasádeo xenial e mandádeme fotiños de todo o que fixestes!!!


1 comentario: