domingo, 26 de abril de 2020

Hoxe xa podo saír.

Hoxe, 26 de abril, comeza o período no que vós, os que tedes menos de 14 anos, xa podedes comezar a saír dar un paseo cerquiña da vosa casa.

Aínda é cedo para poder ir xogar ao parque cos amigos, porque aínda están pechados, sen embargo podedes levar o patinete, a bici e algún dos vosos amiguiños peludos xunto cos vosos pais ou nais. Tamén é importante que sigades mantendo bos hábitos de hixiene en canto volvades da rúa.

Por iso, deixámosvos uns consellos que seguro son do voso interese, que compartíu con nós a mestra de PT do noso cole.





Para os papis e mamis tamén atopamos uns consellos do neuropsicólogo Álvaro Bilbao,  que voa axudarán ante esta excepcional situación ante o posible medo dos vosos fillos e fillas.



Agardamos que pasedes un moi bo día 
e desfrutedes dos paseos. 

1 comentario: