mércores, 1 de abril de 2020

Xogos de Educación Física para facer na casa durante a cuarentena.

O profe Suso e a mascota Plufi enviáronnos un enlace onde poderedes atopar moitos xogos e actividades divertidas relacionadas con moitos dos contidos que se traballan en Educación Física que todos e todas podemos facer dende os nosos fogares.




Ademais, mándannos un xogo que atoparon estes días:

O xogo do CORONAVIRUS: IDEAL PARA QUE OS nenos e nenas NOn esquezan lavar as súas MáNS.

Este xogo axuda a que os nenos e nenas sexan conscientes da importancia de lavar as máns varias veces ao día, non so en situacións excepcionais, senón que sexa un hábito para eles e elas:
  1. Pintar aos peques o debuxo dun coronavirus no dorso da man cada mañá (é importante elixir un rotulador que non perxudique a súa pel).
  2. Durante o día terá que borrar o debuxo con auga e xabón. Cantas máis veces se lave, mellor.
  3. Se pola noite conseguíu  borrar o coronavirus, ¡gañará un punto!
  4. Se acumula 20 puntos en 20 días, ¡obterá un premio!

1 comentario: