venres, 3 de abril de 2020

Recomendacións lectoras para Semana Santa

Como cada trimestre, compartimos con vós unha serie de lecturas para desfrutar durante as vacacións.
Nesta ocasión, dada a situación que estamos vivindo, as lecturas que propoñemos son cedidas gratuitamente por distintas editorias, que poñen o seu grao de area para que todos e todas teñamos acceso a unhas lecturas de calidade.


Editorial Planeta   weeblebooks.com

Para acceder ás lecturas só tedes que premer  enriba da portada do libro que querades ler.






Agardamos que desfrutedes da lectura. 
Felices vacacións!!!


Importante:

*Aínda que Nuno descansará os vindeiros días, deixaravos publicada cada mañá algunha cousiña que quizáis sexa do voso interese. 

Ademais, podedes seguir enviándolle correos coas actividades que fagades estes días, que á volta do seu descanso chegará cargadiño de enerxía para  compartir con todos e todas os vosos correos. 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Moitos bicos de bolboreta!!!

1 comentario: