Bos días a todos e todas.
Hoxe temos o pracer de compartir con vós outras iniciaitvas xenias de dúas familias do cole
Carmen, de 1º de primaria, coa colaboración da súa familia, creou un fermoso globo de papel maché e cóntannos o proceso para poder elaboralo nós tamén nas nosas casas.
Tal e como nos conta Carmen o proceso foi o seguinte:
1.Coa técnica do papel maché pegamos con cola branca anacos de papel de xornais a un globo inflado.
2.Despois duns días secando pintámolo con diferentes cores.
3.Por último fixemos unha cestiña con cartón e decorámolo con estrelas, bandeiríns e puxémoslle o toque final "unha muñequiña que se atrevera a probalo"!!!.
4.Buscámoslle sitio na miña habitación ,e xa decora un rinconciño dela.
Que preciosidade Carmen!!!! Que gran traballo!!!!
Por outra banda, Mateo, de 6º de infantil, tamén pasou os días elaborando moitos materiais de aprendizaxe e xogos para desfrutar en familia.
Zapato de cartón para aprender a atar os cordóns.
O molde
Decoración ao gusto
Picado dos buratos para meter o cordón
Recorte da plantilla
E a practicar!!!
Xogo de tres en raia
Materiais necesarios
Elaboración de taboleiro
Atopar contrincante para xogar
Buxainas ou Peonzas
Materiais
Facer o burato
Insertar palillo e decorar
E a xogar!!!!
Pero quen se pode aburrir con tantas ideas fantásticas???
Os nenos e nenas de A Cristina seguro que non!
Moitas grazas familias por compartilo con todos e todas nós!!!
Quedou chulisima Carmen!!!
ResponderEliminarEncantounos!!!