Agardo que pasárades uns días fantásticos e fixerades moitas cousas chulis para ensinarnos.
Alba de 3º de primaria e Lydia de 4 de infantil para o Domingo de Pascua elaboraron uns preciosos coelliños personificando aos 4 membros da súa familia.Contannos que para iso empregaron uns rollos baleiros de papel hixiénico, outros de papel cociña, un pouco de pintura, cartulinas e unha pizca de imaxinación....
A que quedaron ben chulis????
Moitísimas grazas familia por compartilo con nós!!!
Felices Pascuas!
Laura Mira Amado, de 6º de infantil, andivo argallando moitas cousas divertidas durante este días coa súa familia e quere compartir as ideas con todas e todos nós.
Unha das cousas que fixeron para xogar durante as vacacións, con moita imaxinación e unha caixa de cartón foi un fantástico tren.
Así como tamén elaboraron un precioso collage para mandarnos moito ánimo.
Moitísimas grazas Laura e familia por compartir con nós estas xeniais ideas!!!
Rodrigo, de 4º de primaria, e Mateo, de 6º de infantil, tamén andiveron facendo cousas xeniais, moi necesarias para estes días.
Un xogo de tres en raia con noces!
Prepararon os materiais necesarios
Decoraron as cáscaras de noces
E colleron forzas merendando os froitos
Personalizaron as fichas elaboradas
E finalmente desfrutaron dunha partida divertida
Tamén elaboraron desinfectante de mans caseiro con productos moi coñecidos e doados de adquirir, e mandáronnos a fórmula para deixar unhas mans ben ben limpas.
INGREDIENTES:
PASO A PASO DA FÓRMULA DESINFECTANTE:
UN BO LAVADO DE MANS:
RESUMO DOS MOVEMENTOS DE LAVADO NECESARIOS
AGASALLO DE PASCUA:
Con materiais que seguro que todos temos na casa, Mateo e Rodrigo ensínannos a facer uns divertidos coellos de Pascua para estas datas. Mirade!
Precisamos, botella de leite baleira, cartulinas ou papeis, rotuladores, e para o interior...deliciosos ovos de chocolate.
Recortamos a botella pola metade
Creamos con papel a forma das orellas de coello
ASí como as patiñas
Pintamos os ollos, boca, nariz e bigotes e pegamos as partes anteriormente creadas.
Moitísimas grazas familia polas vosas interesantes aportacións!!!
❤️👏🏽
ResponderEliminarQue bonita estas Laurii!!!gustounos moito o super TREN!!!!
ResponderEliminarMateo e Rodri mandanche moitos 💋💋💋💋