mércores, 15 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Bo día a todos:

Estes días Mateo e a súa familia estiveron pensando en cómo facer as sumas que lle mandara a profe con algo de axuda a través dun xogo educativo, así que non o dubidaron: buscaron distintos materiais  que tiñan na casa, botáronlle un pouco de imaxinación e.....


Cartón de ovos, palliñas, cartóns de rollo de cociña, brochetas, pistola de gel e témperas...



Decoramos a base
Recortamos as pallas

Ensartamos nas brochetas


Pegamos e....

 Tachán!!!! Un fermoso ábaco



 Unha gran idea Mateo! Así será moito máis doado facer as sumas!!


A idea encantounos, así que queremos compartir con todos vós un enlace onde poderedes atopar un montón de xogos educativos caseiros para que podamos seguir aprendendo.

Agardamos que vos guste:


Juegos educativos caseros



3 comentarios: