mércores, 22 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Día de San Xurxo (Día de Sant Jordi)

Xa falta pouquiño para conmemorar o Día do libro, mañán é o noso día..

Pero...non en todas as partes do noso país celébrase da mesma forma. 

Por exemplo o Día de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril xunto co Día do Libro e a Feira das Rosas, símbolos da cultura e do amor, e é tamén unha xornada que reivindica a cultura catalá. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella  á amada xunto con un libro. 

Por isto, Mateo de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, fixeron unha fermosa manualidade para explicarnos a todos e todas en que consiste esta celebración.

Moitísimas grazas familia!!!

Queremos aproveitar a ocasión para felicitar a todos os Xurxo e Jorge do noso cole. Agardamos que pasedes unha moi feliz xornada.


1 comentario: