xoves, 16 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais

Hoxe, queremos compartir con vós unha noticia moi especial que seguro que moitos de vós xa víchedes no xornal dixital.

Como sabedes, os profes tamén teñen que estar na casa, e como vós seguen traballando, pero no seguinte caso a nosa profe de música, Nerea, xunto co seu marido Pablo e o seu can Freddie que en ocasións failles de vocalista, tamén o fai nos seus ratos libres, cada día, para dar ánimo a todos os seus veciños e veciñas.

O artigo podédelo ler completo no seguinte enlace:


Nerea y Pablo ofrecen un concierto diario en Elviña


Ademais do vídeo que aparece na noticia onde podedes escoitalos, a profe Nerea comparte con nós un dos seus concertos para subirnos a todos nós hoxe o ánimo.

Bravo Nerea, Pablo e Freddie!!!!!!



Un aplauso enorme para vós familia de artistas!!!!

4 comentarios: