xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro infantil 2020

A continuación mostrámosvos algunhas das recomendacións literarias enviadas por algúns dos alumnos e alumnas do noso cole.

Marcos de 5º de infantil e a súa familia, son grandes lectores de obras infantís. Na súa casa, cóntannos, que dispoñen dunha ampla biblioteca pero que os seus preferidos son os seguintes que podedes ver nas imaxes:




Algúns deles os temos na nosa biblio, pero outros que nos ensinan....Témolos que adquirir en canto poidamos para poder levalos a casa emprestados!!!



Carmen, de 2º de primaria, tamén é unha das mellores lectoras do cole, xa dende pequeniña, e como lle resulta moi complicado elixir un preferido..... envíanos algúns dos que non se esquece e que recomenda ler a todos e a todas.



Tamén nos ensina os que está a ler durante estes días na casa. 
Unha gran elección!, xa que Isadora Moon é unha das coleccións máis demandadas na nosa biblio.
 Xa nos contarás se a tí tamén che gusta tanto Carmen!



A profe Adriana, de infantil,  tamén quixo compartir a súa selección de libros infantís favoritos.



E por último, Mateo de 6º de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, compartiron un dos mellores clásicos da nosa historia dun xeito moi orixinal. A ver se adiviñades cal é....

                   














Moitas grazas a todos e todas polas vosas recomendacións!

 Feliz Día do Libro Infantil!

1 comentario: