Alba, de 4º de infantil, e Mara de 6º de infantil, hoxe colleron os seus pinceis para compartír con nós a súa creatividade e preciosas composicións. Alba coa técnica do puntillismo, e Mara quixo honrar a Luís Caruncho e a súa obra abstracta cunha magnífica pintura.
Parabéns chicas!!
Mateo, de 6º de infantil, quixo honrar neste día das Artes galegas a un dos máis grandes artistas plásticos galegos de tódolos tempos, Luís Seoane. Mirade o paso a paso da súa obra:
Sara Antelo Fraga, de 4º de infantil, leva semanas traballando nas artes plásticas. A semana pasada desenvolveu o seu traballo con ceras e esta semana pasouse á técnica de acuarela.
Germán, de 6º de infantil, e Fabiola Sánchez González, de 4º de infantil realizaron obras baseadas en retratos modernistas moi orixinais relacionados cos estados de ánimo:
Lydia Lamas Santos, de 4º de infantil, quixo compartir con todos e todas nós a súa obra artística elaborada coa técnica do puntillismo.
Un gran traballo por parte dunha grande artista.
Envíanos o paso a paso da súa obra:
Parabéns a todos e a todas, uns traballos fantásticos!!!
Moitas grazas por compartilos con nós.
Imos ter que montar unha exposición no cole cando poidamos volver, gran traballo artistas!!
ResponderEliminarGran idea profe!
Eliminar👌👌👌👌
ResponderEliminar