venres, 17 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais/ Dia Mundial da Voz

Onte, 16 de abril, foi o Día Mundial da Voz, que se ven celebrando  desde 1999 a proposta da Federación Internacional de Sociedades de Otorrinolaringología co fin de crear conciencia sobre a importancia que ten a voz e difundir a necesidade do coidado da mesma.

A voz é a gran ferramenta de comunicación do ser humano. Grazas a ela intercambiamos información, expresamos sentimentos, socializámonos… É a que nos axuda a transmitir pensamentos, necesidades, desexos, sensacións… Ainda que o intercambio comunicativo pode realizarse a través de outro tipo de mecanismos (mensaxes escritos, símbolos ou xestos...), non cabe duda de que é mediante a voz a maneira máis habitual, directa e práctica de comunicarnos co entorno.

Solo temos unha voz e nosa voz é única. 

Por iso hoxe, Jimena de 4º de infantil, xunto coa súa nai Patri e o seu pai Rober, quixeron facer unha homenaxe a este día dunha forma orixinal e divertida, a través de audios onde nos mostran as súas voces e vídeos que nos ensinan algunhas das súas voces preferidas.


Pero mellor que ler... é escoitalos a través dos seguintes audios. 


Presentación de Patri, nai de Jimena

<



Voz de Jimena e seu pai Rober 



Voz preferida de Rober 






Voz e canción de Patri, nai de Jimena




Voz preferida de Patri 




Voz e canción de Jimena




Voz preferida de Jimena 



 Moitísimas grazas Jimena e familia! 
Encántanos esas voces elexidas e ainda máis as vosas, 
ás que botamos de menos.


2 comentarios:

  1. Encantóunos familia! Toda esa enerxía positiva chegou ata os fogares e estamos moi agradecidos. A seguir cantando e desfrutando!!!

    ResponderEliminar