Bos días a todas e todos.
O vindeiro xoves 23 de Abril celébrase o Día Mundial do Libro, así que queremos propoñervos que participedes cos vosos profes e compañeir@s dende a casa a través da lectura en vídeo ou audio dun dos libros que máis vos gusten ou que teñades na casa.
Podedes pedir axuda ás vosas familias, todos podemos participar!!!.
Compartimos con vós algúns dos libros preferidos da vosa biblio en PDF, que podedes ler nas vosas pantallas.
Xa sabemos que aínda faltan uns días....pero así temos tempo para practicalos antes de gravalos.
Animádevos e compartídeos con nós antes do 22 de abril a través do noso correo: ceipacristinabiblioteca@gmail.com
Tamén podedes subilo á vosa conta de Google Drive se tedes un correo de Gmail e compartir o enlace co correo de Nuno.
Moitas grazas!
Moitísimas grazas por poñernos libros para leer. 👏🏼👏🏽👏🏿
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gusten. Os vindeiros días iremos compartindo outros.
EliminarYupii..👏👏👏👏
ResponderEliminarMoitisimas grazas!!!!