luns, 20 de abril de 2020

Eu quedo na casa / Iniciativas xeniais

Bo día a todos e todas:

Xa queda un pouco menos para que poidades saír dar unha volta pola vosa rúa. Parabéns por facelo tan tan ben todos estes días.

Os profes do voso cole quixeron mandarvos unha mensaxe moi especial, xa que vos botan moitísimo de menos e síntense moi orgullosos do ben que o estades facendo.

Todos e todas eles queren dicirvos que, aínda na distancia, seguen ao voso carón mandándovos enerxía positiva e que XUNTOS pasaremos por esta experiencia.




Pero non só os profes e mascotas do cole queremos felicitarvos, senón que dende o Corpo Nacional de Policia, neste caso chegado desde Denia (Alicante), queren mandarvos unha mensaxe de felicitación por ser os heroes e heroínas deste confinamento.

Quixéronvos facer chegar o seguinte diploma que podedes imprimir.

7 comentarios:

  1. Nunca tanto desexaron ir o cole!!!pobres!!!
    Moito animo a tod@s, e moitas grazas por compartir estas imaxes con tanto
    cariño !!!...😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. QUE BONITO PROFES!!!!!!!❤�� Levamos toda a mañá vendo este vídeo; Jimena non deixa de querer volver empezar unha e outra vez para poder ver a Sandra, Adriana, Suso, Manuela, e todos os profes..... e como ela tamén ten poderes máxicos,�� xa levamos unhas cantas follas pintadas, enrugadas e lanzadas ó aire a ver se vos chegan...✈��..Moitos bicos e moitos ánimos tamén para vós!!!!������Jimena, Rober e Patricia

    ResponderEliminar
  3. Quedouvos xenial o vídeo!!!bo traballo profes....desta sairemos XUNTOS!!!un abrazo a tod@s e moito ánimo 💪💪💪

    ResponderEliminar
  4. Oleeeee por todos/as os profes, encantounos o video, foi un subidon para os nenos ver a todos os profes animando, moitos bicos

    ResponderEliminar
  5. Moi ben profes.....as miñas nenas qedaron moi contentas...encantoulle o video...

    ResponderEliminar
  6. Un vídeo precioso!!!encantounos e sobre todo a Uxia e Xurxo que non pestanexaros hasta que rematou,despois votaronlle o baile...gracias e ánimo á tod@s

    ResponderEliminar
  7. Alegrámonos moitísimo familias!!! Grazas a tod@s!

    ResponderEliminar